Un día pa recordar, pa sentir a ausencia dos que nos deixaron e que viven nos recordos. É certo que están sempre con nos, pero hoxe é especial. Parece que necesitemos dedicar un día a determinadas cousas pa sentir con mais forza os sentimentos.
Día de defuntos. Mentres que eles unha vez pasada a fronteira que nos separa da materia inerte descansan pa sempre, o mundo católico cubre de flores os cemiterios, arranza sepulturas e rememora tempos da nenez- cando pais, fillos é avós estabamos xuntos, despois, chega o día en que os vellos cumprindo co destino marcado nos deixan. É a partir dese momento, cando ocupamos o seu posto, cando comeza a conta atrás acercándonos a terra da que formamos parte.
¡Cantos recordos gardamos nun tempo tan curto! Cantas vivencias acoden a nos. É fermoso recordar, sentir, apreciar o tempo que nos quede. Oxalá que tamén os que neste momento están ferindo ou pensando en quitar a vida a alguén, teñan ese sentimento de fraxilidade que nun día como este nos abraia, e deixemos que cada quen viva a sua sempre,curta vida.
De novo os intransixentes intentaron unha masacre na universidade de Navarra. Sorte que non acertaron e só quedou en perdas económicas, senón, estaríamos a falar da morte de xente nova. É a estes os que me refiro cando digo os que están intentando matar, porque me imaxino que nas súas pequenas cabezas están debullando un novo atentado.
Oxalá que cando recorden os seus familiares mortos, recorden que ós que mataron ou pensan matar, tamén teñen familiares e amigos que senten o mesmo. Oxalá.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados