Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

13 Noviembre 2008

O NOSO MAGOSTO

A noite mantíñase serea en Queixa mentres o billote ruxía no cacho de ferro quentado por un lume de táboas de Piñeiro - froito da desfeita de caixas portadoras da froita do -Super. Os berros alteraban o omnipresente silencio que reina no pobo.

Xentes vindas de tódolos lugares do municipio apremábanse nas mesas feitas  de táboas vellas pa conseguir o tan prezado froito do castiñeiro mentres os "traballadores" do concello - xente afín o inamovible alcalde-  atizaban as brasas de carballo debaixo dos grandes asadores de chourizos. Subía o fume das táboas mesturado co arrecendo de chourizos é touciño fresco mentres a charanga de Trives marcaba o ritmo de catro bailaríns que os acompañaban pensando na cea barata.

Os persoeiros mais representativos do concello- alcalde en cabeza- seguido do seu incondicional presidente da asociación non democrática de pensionistas é xubilados, é ex presidente- buscaban adeptos a súa causa entre os que xa quentes por un -viño tinto sen marca- comezaban a se inquedar saboreando - in mente- o tan prezado chourizo a brasa.

O módico prezo dos <bocatas> subvencionados en parte por o concello, daba pé a que moreas de anacos de pan de trigo quedasen esparexidos enriba das mesas é no chan. Ouveaban os cans co ritmo das trompetas resgando a noite é todo era troula  na festa do magosto. Só unha cousa perturbaba as mentes dos mandatarios é compañia, que a pesares de tódolos esforzos realizados, só catro veciños do pobo facían acto de presenza, tres mais este humilde escribán que por propia iniciativa formaba parte do festexo esperando atopar na xuntanza o motivo pa escribir este articulo.

O rematar a enchente- chourizil- é como por arte de maxia, apareceu no escenario o mellor taberneiro que temos portando en ristre un cazolo de cocolate, dando paso de novo os consabidos empurróns entre comensais.  Despois, cando xa todo parecía condenado o aburrimento, apareceu en escena o mellor animador de tódalas festas- licor café é bica de Trives - que rematou dando pulos a estraños e coñecidos, comezando así o baile popular é a miña despedida ata o novo magosto -se deus quer-

 

servido por queixa 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

anikabell

anikabell dijo

Gracias por su paso por mi blog. Es bienvenid@ cuando guste.
Un saludo.

13 Noviembre 2008 | 04:03 PM

...son eu...

...son eu... dijo

Daquela, e a pesares das castañas e os chourizos, mais o viño e a bica, o noso magosto xa no é o noso magosto.

Por certo que ainda non probei as castañas iste ano de maña non pasa

14 Noviembre 2008 | 11:34 AM

X

X dijo

para el navegante que desconoce su rumbo, ningún viento es favorable...

14 Noviembre 2008 | 12:02 PM

queixa

queixa dijo

Canto o sinto-X- ese si me parece o colmo do pesimismo, porque ventos veñen por os catro costados é algún será bo. Que a sote te acompañe cando elixas o rumbo.

16 Noviembre 2008 | 11:32 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera