Cando os que fai un cuarto de século roldábamos os vinte anos, ou mais, soñábamos en construir un mundo mellor onde a xustiza fose pra todos; Onde o mundo fose o lugar mais parecido a aquel paraíso que tanto nos vendeu a igrexa católica. Pasaron os anos é cambiou o mundo, as súas xentes é mais a forma de vivir. O capitalismo multiplicouse a si mesmo, a industria púxonos diante moreas de cousas innecesarias e facilitounos a compra ca axuda da banca; Aumentaron as necesidades fictícias é fixémonos escravos delas, empurrando a muller a traballar fora da casa vendéndonos a igualdade como dereito cando a realidade é, que se converteu nunha obrigación.

Caemos no consumismo hipotecando salarios, casa é canto tiñamos conseguido co noso sacrificio é sentímonos grandes conducindo un coche que corria de mais, deixando moreas de vidas nas estradas o tempo que destruíamos a capa do ozono. Convertémonos nas marionetas do capital que noutrora intentamos humanizar pensando que era posible.

Os fillos, o perderen o apoio da nai que nos tivemos, fixéronse autónomos buscando no grupo o que lle faltou na casa, facendo súas as necesidades de comsumir inutilidades, as parellas houberon de alargar a xornada laboral pra satisfacer esas necesidades que eles inverten en móviles pra contrarrestar a falla, de noutrora, tertulias cos pais e avós. A falla de tempo pa parella levounos a conseguir un record, o tempo de estar xuntos está nos doce anos.

¡Pobre bagaxe a conseguida pa sentirnos orgullosos! ¡ Que difícil o retorno! Parecía que os mais podentes á fin, conseguiran o seu propósito apoderándose de vidas e facendas dos sempre vasalos, homes de a pé, consumidores de todo o que nos ensinan na televisión, ata que un día, comezaron a desconfiar do futuro é decidiron recoller as redes agochándose nos- bunquers- conseguidos, é deixándonos no mesmo lugar que estabamos pero con hipoteca.

Gastamos en todo o que daba rendemento esquecéndonos da inversión importante- a educación- preparamos os nosos fillos pa competir, pa alcanzar o poder a calquera prezo, deixando ós poetas as humanidades, a convivencia é aquel compañerismo obreiro que tanto costou conseguir.

Agora que xa non ten volta atrás, que temos o mundo que fixemos ca xente que se fixo a si mesma, penso eu, é certo que camiñamos, pero, ¿será cara a diante? ¿Era así como queriamos que fose ou trabucámonos? A resposta, tivémola onte en Washington cando vimos os representantes do mundo rico, e nos dixeron que preto do noventa por cen da riqueza do planeta estaba nas mans dos vinte. Pódese ser optimistas?