Pouco queda que dicir cando os demais non queren escoitar, cando utilizan a política de oídos xordos pa non ferir o falante no seu espírito, deixar correr o tempo, é unha vez pasado o momento, esquecer o desatino do pretendido sabio.
Demasiado pedir sería que todos entendésemos do mesmo xeito as mesmas cousas, pero si por o menos, ¡ Que esta cabeciña que deus nos deu! Sirva pa distinguir entre cousas serias e cousas vanas, cousas importantes e falacias pasaxeiras que o vento borra sen deixar pegada.
Noites en branco cheas de insomnio recordando o nostálxico pasado que por o feito de non poder volver convertemos en idílico. A radio segue acesa falando por falar, por cubrir un espazo dominando o silencio mais ca por ensinar ou prestar axuda. Persoas que perderon a xuventude son atacadas por as reumas que soltan en forma de parrafeadas incongruentes cando a sorte lles sorrí, é por fin, son postas en antena. Olla o locutor o reloxo pensando no tempo que queda, facéndose o humilde é parecendo escoitar con atención as verbas que saen en forma de queixas, de denuncias ou ensinanzas certeiras que os demais non entenden e por iso estamos como estamos.
Pouco a pouco, o que o falante denomina, sabedoría de rúa, vaise convertendo en run rún, nun eco o lonxe cargado de sono e de paz que esvaece o pensamento criminal que a longa parrafeada sen sentido espertou nos sufridores escoitantes. Cando pasado o tempo espertas o mundo dos, seme vivos, aí está de novo o absurdo run rún en forma, esta vez, de noticias importantes que o reporteiro espera lle resolva a señora que pasaba na rúa é que por se desfacer do micrófono lle contesta o que quere oír. Absurdo mundo o noso, onde moitos falamos sen tino é ninguén escoita nada. Demasiados filósofos soltos por as rúas desexando ser escoitados ou tidos en conta. Prostíbulos ateigados de pacientes doentes de soidade dispostos a pagar por un anaco de tempo onde se converten no centro de atención ,en alguén.
Xentes que corren sen tino enchendo as beirarrúas cos ollos postos no pequeno moneco roxo esperando o seu momento de cambiar o sentido da marcha sen fin, pero non da marcha. So a noite trae un pouco de paz neste inquedo mundo cheo de inútiles presas por chegar a ningures, comezando de novo a leria dos aparellos parlantes é adormecendo a sinapses dos sufridos moradores deste inquedo lugar.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados