Outro ano, outro día contra a violencia, é mais mulleres mortas as mans dos que deberían ser amantes, compañeiros é axuda en tempos difíciles, e sen saber o porqué, se converten nos seus verdugos. Difícil saber ata onde pode chegar a carraxe humana. Medo dá saber que outros que son semellantes a nos, que de pequenos espertaban a tenrura nos adultos, que foron criados por muller que daría a vida por defendelo, de adulto pode chegar a matar- dura palabra- á que un día foi a ilusión por a que daría calquera cousa.
Complicadas mentes as nosas que nos converten no peor inimigo que temos. No resto dos animais, as pelexas sempre son entre machos defendendo os débiles na maioría dos casos. Nos,adoitamos submisión ante os mais fortes é descargamos as frustracións nos mais débiles. Homes violentos de carácter que se compracen impoñéndose ante os mais febles ata o límite de lle quitar a vida.
Que se pode facer? Non é doado atopar unha solución a esta vergoña humana. A educación debería ser parte da solución, agora que se superaron o tabús que noutros tempos nos facían tan diferentes, que o sexo non é condicionante pa ser amigos, parecería que as novas xeracións haberían comprender o mundo de outro xeito. houbo tempos nos que a separación era case que imposible se non querías ser sinalado por a sociedade, que a relixión exercía un enorme poder nas familias- que por o feito de selo- pasaban a ser católicas e por o tanto, -pa sempre. É certo que había problemas é que era a muller a mais prexudicada, pero nin tan sequera neses tempos había tantas mortes de mullleres as mans dos homes.
O que menos entendo é, que a medida que as sociedades van adquirindo mais coñecementos, non se refrexen os mesmos en mais conciencia social, en mais igualdade real para tódolos humanos sen distinción de sexo. É nisto onde penso que estamos fallando, que algo estamos facendo mal pa que ano tras ano teñamos qe recordar cun día, algo que tiña que ser anécdota macabra doutros tempos.
Se de algo serve a condena social ante esta barbárie, únome a tódolos que desprezan a violencia como forma de imposición, é gustaríame que fose este o último ano que se recorde con un día esta inxustiza porque homes e mulleres esqueceran a palabra violencia.

Mais estatísticas vergoñentas... Pero si os machitos queren guerra terana, a por eles!!
durante siglos as mulleres tiveron que aguantar como desde altos estamentos de poder, sobre todo relixiosos, eran marxinadas e consideradas como cualquer outra propiedade nas mans dos homes. Na nosa sociedade occidental o catolicismo contribuio en gran medida a que esto fose así, "instrumento del diablo" decían os curas.
Ainda hoxe dentro da Igrexa estan pa servir os homes, nas xerarquias eclesiasticas non hay mulleres.
Gracias a loita de moitas mulleres o largo dos siglos, sobre todo no vinte, hoxe alcanzamos casi a igualdade, ainda queda moito por facer. O sector machito da sociedade sintese descolocado, si añadimos a esto a presión social, a competividade, e falta de valores eticos, etc. etc. ahí temos un bon caldo de cultivo para que a violencia machista siga campando as suas anchas.
conta comigo LAGUNTSA, xa somos dous mais os que se agreguen, pronto seremos unha ducia, non mais, porque en pasando o día xa ninguén se recorda das mortas alleas. Magoa de país.
Estamos dacordo -SON EU- Espero, como digo no último escrito, que sexa esta a derradeira vez que teñamos que poñer un día contra a brutalidade, porque se borre do diccionario a palabra -VIOLENCIA-
SAUDOS.