Fóra o día conta a violencia de xénero e sumámonos a unha andaina organizada a tal fin, o remate esperábanos un grupo de teatro que facía unha representación sobre o maltrato, estiveron moi ben. Comezaron falando de como a sociedade propicia as desigualdades dende nenos, impoñendo diferentes roles de xogos a nenos e nenas. Despois, como ese aprendizaxe de pequenos se volve submisión no matrimonio, non só fisicamente, senón psicoloxicamente, facendo que a muller se sinta culpable cando por lóxica ten toda a razón da súa parte.
Foi o remate, cando fixeron con gritos os laios dunha muller a que lle estaba batendo o compañeiro cando se arrepiaron os cabelos da sala, é cando na miña cabeza se formou a imaxe xa vivida dunha muller no chan e un home borracho baténdolle cun bastón, e foi cando apareceu na miña cabeza outra víctima mais desta lacra social, a dos nenos cando hai, que son moitas as veces.
Estes nenos que viven sen entender os malos tratos. Por un lado, se a nai intenta minimizar o problema dicíndolles que non é nada, que o papá estaba bébedo pero que no fondo os quere, entón fórmase no neno a idea de que se pode querer batendo. Se a nai fai o que debe e fuxe lonxe do mal compañeiro, sufre o neno quedando sen pai que no fondo necesita, e si se separan legalmente, tamén o neno sufre tendo que repartirse por orden xudicial cando lle toque o papá de estar con el, ademais de que na maioría dos casos, querendo ser mellor co outro, danlle canto quere facendo do neno un posible mal cidadan. É o neno en difinitiva un dos mais afectados aínda que non o creamos, porque algo queda metido na cabeza dese malvivir , seino, porque con mais de sesenta anos cando sentes eses berros aínda que sexa en teatro, sai unha bagoa recordando momentos de impotencia, de dor compartida.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados