COUSAS QUE FAN FALAR
Debido sobre todo a que formo parte dos depositarios do mais prezado tesouro dunha parte da humanidade- tempo libre- pódome permitir o luxo da crítica en xeral, de pasar por a peneira filosófica as actuacións dos demais fillos da casualidade. Hoxe tocoulle -como moitas outras veces -a santa igrexa católica, representada na conferencia episcopal por un de tantos insignes paisanos nosos, neste caso, o señor Rouco de apelido, pero que non lle afecta as cordas vocais porque se entende ben.
Este señor que é un de tantos representantes de deus na terra, puxo canto estivo da súa parte pa levar á santa sede, a beatificación de catrocentos noventa "mártires" defensores da causa Franco eclesiástica. Que basandose nas ensinanzas recibidas, soubo separar ás ovellas do rabaño deixando sen a posibilidade de alcanzar o tan prezado asento a carón de deus por non ser adeptos o réxime, a barios curas mártires que lle tocou do outro lado.
Este señor, ten a ousadia de pedir os españois que esquezamos o que pasou nunha guerra que eles propiciaron é defenderon como -cruzada de deus- ata convertérense en verdugos, que elevaron os seus a condición de -seme santos- que está en contra de dar sepultura digna ós que eles non quixeron bendecir por ser do outro bando.
Hai cousas-dicía un mudo- que fan falar, e esta é unha desas cousas. Os que non vivimos a contenda en directo, non podemos inculpar a ninguén de un ou outro bando, ademais, por que sabemos que a maioría dos contendentes eran mozos que ninguén lle preguntou se querían ir pelexar por algo que nin entendían, que foron obrigados a ser de un ou outro bando dependendo do lugar de nacemento. Pero este señor, posiblemente -iluminado- ten a pretensión de decidir en nome da única verdade, quen vai o ceo e quen non, quen debe ser canonizado, cando hai que sacar a rúa os estandartes, é cando hai que esquecer despois de que os seus estéan arrombados. Serán estas as ensinanzas divinas ou será cousa de noso paisano?


laguntsa dijo
Coa igrexa topamos, amigo.. que decía o Quixote. Non hai que alporizarse por iso, son eles, os de sempre.
26 Noviembre 2008 | 08:08 PM