recollendo tempestades
Cando as democracias son lideradas por mandatarios prepotentes que pretenden impoñer a súa forma de liberdades o mundo <caso Buhs> , cando no nome da única verdade asoballamos os demais, ocorre como nas vellas ensinanzas de Samaniego, ou Esopo? onde se narra o mal feito o burro, é como de rebote volve o mesmo causante. Agora que o dano causado está volvendo a nos como única forma de saída que deixamos os<diferentes> estamos a ver as mesmas inxustizas que sementamos no nome dunha globalización que impuxemos ca forza do dolar sen que ninguén no lo demandase.
Países que vivian de xeito diferente , pero con mais ou menos entendemento entre eles, devido o apoio ou non ós adeptos a causa, medraron de xeito diferente creando barreiras de intransixencia, guetos onde a revolución foi collendo forma de - camicaces - dispostos a ofrendar a vida se a cambio destrúen ós que por diferenzas culturais ou económicas se converteron en inimigos.
Mentres unha parte dos vinte millóns de habitantes de Bombay enche os hoteis de cinco estrelas, a meirande parte da poboación malvive pasando fame. Pa manter os privilexios adquiridos utilízase a forza da policía ou o exército. Cando esa nuve de inxustiza colle corpo, estoupa en forma de atentados levando por diante a todo o que se atope no lugar.
:Comprendo é xustifico o medo da presidenta da capital de España, pero creo que deberíamos aprender de cada conflicto, que cando falamos de ampliar os negocios fora das fronteiras, se tivera en conta os que xa están alí, que non os vísemos como simple producto po noso veneficio, que saibamos que son xente aínda que recen a outro deus. Se non o facemos así, se seguimos utilizando a miseria allea pa nos enriquecer, atoparémonos recollendo o produto da nosa sementeira.
