¡QUEN POIDERA ENTENDER!
Espertar sentimentos, facer tremer o mais profundo do noso ser ca palabra escrita. Ca forza de saber enlazar letras de xeito que te sintas identificado, protagonista case, da historia. Vivindo o mesmo tempo cas inventadas, case reais, persoas da trama.
Iso é, o conseguido- na miña idea- por esta profesora de filosofía nacida en Marrocos, Muriel Barbery, no seu libro- La elegancia del erizo. É a filosofía da vida encarnada en dúas mulleres, unha de mediana idade,porteira de oficio, que a pesares de haber nacido na mais absoluta miseria, consegue adquirir un amplo coñecemento en moitos campos do saber é as artes. Coñecementos que ten que agochar ante os seus veciños ricos os que serve, é que nalgúns casos, raian a idiotez.
A outra, unha nena superdotada, nacida en familia rica pero baleira de sentido, que aspira a suicida pa lle atopar sentido a vida, é que cando coñece a porteira comeza a dubidar.
Fermoso relato contado con mestría, que da unha nova dimensión o xénero humano. Poucas veces atopei na miña carreira de lector algo que supere a este relato.
Podería parecer un pouco banal é ata Narcisista no momento que estamos a vivir, cando está de corpo presente un español asasinado por terroristas , é cando dezaoito persoas loitan entre a vida e a morte queimadas nunha explosión de gas , falar de sentimentos espertados por a lectura. Todo ten unha explicación. Foi a raíz deste asasinato no país vasco é escoitando esta mañá a radio nacional, que me veu a mente este relato. Escoitei a información deste xeito: É tanta a costume destes crimes en Euskadi, que compañeiros de partida do empresario asasinado, atoparon outro compañeiro é seguiron a partida de cartas. Isto, dito así, soa a un total descoñecemento dos sentimentos humanos, porque despois de ler este libro, saen preguntas como esta, quen pode saber o que senten os demais? É sobre todo, ¿quen ten o dereito de xulgar a ninguén?
No caso do libro, aparece o chinés comprensible é comprensivo, rico é cultivado, que recoñece a sabedoría encanto a ve. No caso real, esperar que se impoña a cordura nos que pensan arranxar o mundo matando, é que non nos precipitemos o momento de xulgar a ninguén porque, poderíase dar o caso, que alí onde parece durmido o sentimento, se loite interiormente por superar unha difícil vivencia.

laguntsa dijo
Cando as noticias provocan sentimentos de indignación, impotencia, cabreo... e fermoso descubrir algo que desperte en nos eses outros sentimentos que están agochados.
Tomo nota dese libro.
4 Diciembre 2008 | 07:52 PM