Publicidad:
Terra
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

5 Diciembre 2008

a cadea da vida

 

 

 

Mañás cheas de luz, representando a alegoría da vida, iluminan os durmidos espíritos dando paso a un novo día. Un regalo mais na longa andaina da existencia que merece ser vivido na súa plenitude, baleirando o ruín  pensamento é collendo folgos pa afrontar unha nova aventura, a fermosa aventura  de vivir.

Momentos colmados de ilusións imposibles van enchendo o diario do noso camiñar. Sonos que collen realidade cando a forza da xuventude supera calquera obstáculo. Longas tardes de cambiante tempo onde as realidades van collendo forma, impoñéndose así o- día a día- os sonos irreais que por idílicos nos pareceron posibles.

Sombras comezan a cubrir o longo tempo da sobremesa onde se impón o pragmatismo a calquera outra forma de pensamento. Longa tarde dedicada a sacar adiante as novas vidas, que pouco a pouco van afastando do camiño os que sen se decatar, comezaron a tropezar nos inexistentes obstáculos froito dun cansazo que pronto, moi pronto, se converterá en perpetuo.

Como unha sombra, silenciosa, foi chegando o solpor, é tras el, a escuridade da longa noite sen retorno.

É chegado o tempo de baleirar o adquirido bagaxe das ideas, de deixar paso as novas correntes filosóficas que novos mestres impartiran no nome dunha renovada fortaleza xuvenil. A forza que a través dos séculos fai xirar o mundo, é volta a comezar. Novas mañás iluminarán as  sorrintes facianas xuvenís recen espertadas do longo sono dos primeiros pasos.  É así, mantemos a  cadea onde o ir compensa o vir mantendo o fráxil equilibrio da vida.

Manteñamos unida esa cadea co mellor que temos, pa que os que aínda non tiveron a oportunidade de saborear as meles da existencia, un día, reescriban estas verbas que  de seguro, outros escribiron pensando en nos.    

    

   

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera