día dos dereitos humanos
Hoxe, a dez de decembro, co gallo do sesenta aniversario da declaración da carta dos dereitos humanos, quixera facer un parénteses na axitada vida que nos tocou vivir, e repasar algún dos artigos que a pesares dos sesenta anos da súa aprobación, se seguen esquecendo.
ART- 9.Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.
Aquí, abríase aplicar o delito de perxurio os mandatarios, Buhs, Aznar é compañía o permitiren deter a forza no seu país uns, é mandar outros, baixo a escusa do medo terrorista, encerralos en condicións sobrehumanas, saltándose o artigo -5- que di: Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes. Dez anos fai que están en Guantánamo persoas que naceron libres, que ten os mesmos dereitos sen que ninguén llos recoñeza. Sen que ninguén alce a voz no seu nome ou en nome deses dereitos.
Sesenta anos despois, sáltase en moitos países o artigo -16.2- onde di: Solo mediante libre e pleno consentimento dos futuros esposos se poderá contraer matrimonio. Vodas amañadas por intereses de nen@s de trece anos, mutilacións no nome de tradicións ancestrais sen que as Nacións Unidas abran a boca en contra.
ART. 23.2: Toda persoa ten dereito, sen ningunha discriminación, a igual salario por igual traballo: Quen non coñece inxustizas salariais por o feito de ser muller? Por ser african@ ou non ter papeis e regra?
Estas últimas, aldraxes as leis que se consideran universais, estanse dando en países como o noso, onde nos interesa crer que somos abandeirados, avanzados é ata espello de parte da humanidade.
Este tamén é un día pa recordar, pa mobilizarse contra as inxustizas das que somos encubridores cando non nos afectan directamente. É pensar, que ese home ou muller de aspecto diferente que demanda traballo ou comida, tamén ten dereitos, que ou son de todos, ou non son dereitos.
