En soidade nacemos, enfrontándonos solos a luz que por primeira vez nos fire as pálpebras. Solos émos de dar os primeiros pasos que marcarán o longo camiño cara a morte, un final ó que tamén nos temos que enfrontar en soidade. É a soidade a compañeira dos humanos. En soidade sufrimos as doenzas que nos toquen na ruleta da sorte, ós obstáculos que, por o feito de vivir, atopamos no camiño.

A familia, é a que marcará a saída, a que nos dará os folgos necesarios pa iniciar a andaina, pero somos nos os que habemos de escoller o camiño que nos gusta, o que fará de nos o que quixemos ser, as veces, ou o que seremos forzosamente.

Ante esta perspectiva tan ,aparentemente escura, parecería razoable abdicar no empeño condenado de antemán a un fracaso anunciado, pero non, seguimos adiante apoiándonos nos demais camiñantes, compañeiros de aventura, prestándonos apoio moral, dándonos calor humano nos momentos de mais dificultade.

Este é o bastón no que apoiamos a existencia, os amigos que atopamos dentro, ou fora da familia. Eles son o noso reflexo, o espello onde mirarnos, os que sempre están aí nos bos é malos momentos, dándonos apoio ou corrixindo a nosa traxectoria cando torcemos o camiño marcado.

Por qué tanto medo a soidade se forma parte do xogo? Se cada vez que cambiamos o rumbo a sentimos a carón? ¡ Respostas difíciles a preguntas sen resposta!

Aproveitemos a soidade, fagamos pauto de transixencia ca nosa soidade é poñamos en valor o dito: Se non podes co inimigo, únete a el: é quen sabe se co tempo non a teñamos na lista de amigos.¡quen sabe!