Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

13 Diciembre 2008

non e doado esquecer

Como teño tempo é me gusta ler, impúxenme a penitencia le ler a entrevista co noso paisano Manuel Fraga, co gallo do trinta aniversario da constitución, da que foi poñente. Fíxeno nun articulo que saca a Región de Ourense. Ademais, lin os corenta é oito comentarios vertidos en prol e en contra das palabras do padrasto da carta magna, é digo padrasto, porque un pai poucas veces despreza un fillo como fai este- Señor.

Hai cousas que non se poden pedir, entre elas, que un burro non ornee, foron demasiados anos impoñendo as ideas a forza pa –co simple feito de cambiar de chaqueta- perder as mañas é quedar limpo como unha patena. Quixo aproveitar, este señor, o momento dun cambio tan drástico na vida dun país, pa facerse co poder, pensando que tódolos españois eramos da súa condición, que encanto se presentase como fundador dun partido, arrasaría nas furnas, non lle saíu a xogada, aproveitou as migallas que lle ofrecían, malgastou os diñeiros que Europa nos mandou en fortalecer o seu partido en Galicia, é agora que nada lle queda que facer, é cando se presenta nu de espírito, tal como é, pero coñecendo a súa traxectoria, de que nos estrañamos? El, sempre foi así.

O que si me estraña, ou mais ben me doe, é, que aínda despois de trinta anos, haxa tanta xente que lle ría as grazas, que intente defendelo acusando o señor Carrillo de asasino- entre outras cousas-. Cando chegue o momento de falar de Carrillo, farémolo cada quen segundo entendamos ou sintamos de acordo ca nosa preferencia política, pero se pretendemos analizar a traxectoria do franquismo encarnada no señor Fraga, fagámolo cada quen segundo se non entende sen revivir vellos rancores, que por sorte, pertencen a un pasado que poucos queren que volva.

Gustaríame chegar a ver un país- o noso- onde sobre todo a xente que naceu baixo a constitución, que o que sabe da represión é por os libros, ou por o que escoitou da boca dos protagonistas, tiveran a suficiente madurez como pa pensar por eles, comparar ideas, e escoller a que lle parece mellor, sen verter insultos os que non pensan igual.

Mirade. Pa verter insultos xa están os políticos, porque eles, loitan por unha posición, un posto de poder, nos, os que somos –segundo a súa cualificación- cidadáns de a pe, o mellor que podemos facer por o noso país- o de todos- é ser o espello onde se miren os políticos. Se queremos que eles cambien, non o conseguiremos ríndolles as grazas é tirándonos pedras entre nos, porque nos, somos o país, somos os que temos que expoñer a vida no mar é na terra pa ademais de saír adiante, contribuír a pagar os seus soldos pa que nos axuden a vivir mellor. Deixemos os insultos, xa está ben.

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera