A nosa historia, a que pasados os anos recoñecemos como parte de nos, é a verdadeira historia, o demais, os feitos ocorridos en tal ou cal ano, so son iso, historia. A miña, é a que recoñezo en tantos actores é actrices xa desaparecidos que nalgún momento me fixeron sentir emocións, aflorar sentimentos agochados ou durmidos, a eles, os meus recordos mais emotivos cando aparecen en pantalla, porque son parte da miña historia.
En tantos homes é mulleres que coñecín e xa non están –familias é amigos, moitos- políticos algúns- curas outros- mestres as veces- que conseguiron impoñer ós meus sonos, os pesadelos mais estarrecedores. Imaxinarios medos a un inferno onde o terror era o pan de cada día, onde os perigos que nos envolvían- tentacións con saias- gula nun mundo de privacións- falta de fe imposta a base de pau, por parte dos curas.
Hábitos marciais en forma de desfiles, onde o deslizo mais pequeno era sancionado cun golpe na covacha ou un san Bieito pegado as costas que doia mais, por parte duns mestres con insignias militares.
Ou a famosa frase: fareite un home aínda que morras no empeño- por parte dos que deberían ser os nosos protectores - policías é militares.
Esta é a miña historia, a que non conseguiu facer de min un bo militar adicto o réxime, nin un bo cristián segundo as súas normas- é menos se cabe- un machista defensor das vellas formas dos militares é gardas civís, dunha época na que vestir uniforme, era signo de macho dominante con toda crase de privilexios sobre as mulleres é os nenos- fuxían ante os chamados fuxidos da guerra encanto sentían un tiro- pero en chegando a casa, repartían hostias a todo aquel que non dixera. Sí señor.
Aínda así, coñecendo é sufrindo esa parte de historia en primeira persoa, non podo deixar de sentir un pesado frío no lombo cando escoito noticias de mulleres asasinadas, o veleno que verte a Cope contra toda apertura de liberdades cando – segundo eles- se saltan normas impostas por deus, ou leis ditadas por mandatarios que non entenderon que o mundo cambiou, que a historia non perdoa, que trinta anos debían cambiar normas é formas. Cando sinto as palabras dun alcalde do partido Socialista, que ademais é presidente da federación de municipios, ou a presidenta de Madrid dicindo que o goberno non vai conta ETA porque é de esquerdas.
Sinto frío e pregúntome se aprendemos algo da historia, se o tempo non pasará en balde pa algunha xente, se non vivimos todos a mesma historia ou se non nos tratou a todos do mesmo xeito.

Se algo nos da o tempo é a capacidade de poder aprender dos erros, cunha oportunidade, dúas ou as que necesitemos para poder encauzar o noso camiño. Se pola contra, estamos anclados no pasado, se miramos cara atrás non nos permitirá avanzar. A miña nai me decía que había que mirar cara a diante, cando tropezaba e caía erguíame e a camiñar!. Por desgracia hai quen nos se da conta que os tempos cambiaron e xa non estamos na posguerra, pero os vellos fantasmas non queren marchar,necesitan alimentarse de novos " enxendros" para poder conserva-la súa beleza e xuventude, pecado capital da sociedade actual, despreciando o paso do tempo e sen darse conta que o bus xa pasou.
Tamén me doe, como a ti o caso das mulleres maltratadas, e mais cando éstas defenden o seu agresor, agora non dependen "económicamente" dos homes ou dunha sociedade que ve mal que traballen, por ideas de políticos ou curas.
Cruda realidade, pero inmensa realidade a fin de contas.
Gracias, MARÍA RODRÍGUEZ, por iste comentario que tamen fago meu. Crua realidade que parece non ter fin.
Saúdos.