agochados dictadores
A historia da humanidade está chea de salvadores nacionais de tódolos cores é catadura. En Europa é América, ca imposición da democracia, fóronse facendo invisíbeis ós ollos do mundo en espera do momento propicio pa rexurdir con novos folgos, pero non por iso pensemos que se extinguiron, non señor, están invernando. E unha mostra do que estou a dicir está nesta historia que comeza así.
Foi nos primeiros anos da súa vida, cando comezaron a se manifestar no noso protagonista as ideas bélicas. Cando cumpriu os doce anos é lle preguntaron que quería de regalo contestou: o mellor regalo sería a bola do mundo é unha goma de borrar, se iso non pode ser, unha botella de Búrbon. Riron a graza os proxenitores sen comprender o alcance das retorcidas ideas que se cocían na pequena cabeza.
Foi cando cumpriu vinte anos, cando se lle comezaron a manifestar abertamente os poderes extrasensoriais de iluminado, cando comezou a ter relacións directas co mais alá, pero sobre todo, foi aquel sono o que o confirmou na idea de que el era o elixido.
Foi un longo sono de grandeza, onde el era o dirixente dun poderoso exército de tanques da ultima xeración, avións con sistemas de lasser, bombas teledirixidas. Viu estatúas de bronce caer o seu paso, dirixentes con bigote é amplos sorrisos a seu carón, é sentiuse importante. Fixo cárceres de seguridade onde encerrar ós inimigos. Riós de sangue corrían diante del sen se inmutar, seguro de que estaba salvando a humanidade.
Pero o que o fixo espertar inquedo, o que o volveu a sempre dura realidade, foi a visión esperpéntica de zapatos voadores que ameazaban con lle romper o nariz, unha é outra vez tivo que se agachar pa se librar do terrible pesadelo que ameazaba con votar por terra tódolos sonos de grandeza, ollou a dereita, nada, ollou a esquerda, é a medida que ía vendo a realidade, que ía espertando, pareceulle ver un zapateiro que gozaba vendo como se descoroaban os sonos de grandeza.
Se non atopades a adiviña, se non sabedes de quen estou a falar, non vos preocupedes, pode que todo fora un pesadelo, que nunca pasou, pero que podería ter pasado.


hola dijo
moito olliño ....jejejejjj
un home ten pacencia ata que lle tocan o sagrado
métete con quen queiras..... menos co burbon
o burbon é desas cousas que ten o mundo que tan ben, ben inventadas, desas que si alguén as ve mal...é que non vé ben...jajajjj
ollo con deixar o cú na neve......
15 Diciembre 2008 | 04:52 PM