Hai cousas que sorprenden, que a pesar do vivido, do coñecido é ata esquecido, se fan difíciles de crer, cousas, como a estafa que este señor chamado Bernard Madof lle espetou os mais salientables é podentes homes do mundo da banca.
É como se os chamados timadores de estrada, lle vendesen a estampiña o ministro do interior. Pois así é, a pesar de parecer unha broma do día das pegotas, entre a labia do Madof, a estupidez é mais a avaricia dos que teñen moito é queren mais, a incompetencia dos americanos en materia de control da banca, é a alegría dos tempos de bonanza, este suxeito con cara de boa fe, montou unha carteira de inversión pagando réditos por riba do mercado, é os mesmos altos cargos da banca que pagaban o noso diñeiro por debaixo deste prezo, mandaron os seus a gañar mais o país do dólar.
Agora, atópome nun dilema. Cando vexo as caras dos estafados compunxidas, intento por cara de circunstancias pero non podo, éntrame a enfermidade da risa é pásame como o conto do que lle morrera a sogra é levaba a cara atada cun pano, cando lle preguntou un amigo se lle doían as moas contestou: É pa non me rir.
Que deus non mo teña en conta, pero por esta vez, é sabendo que sabían dun lugar onde se gañaba mais, é gardárono pa eles pagando menos o noso diñeiro, alégrome porque penso que por unha vez, se fixo xustiza.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados