¡Que terá o Nadal! Serán os recordos dunha infancia esquecida? Será a morriña do pasado? Non o sei, pero cando se acercan estes días, algo cambia no ambiente que nos rodea, é algo cambia en nos. As luces das cidades, as árbores cargadas de relucentes cores, pero sobre todo, esa amabilidade que parece desbordarse nestes días é a que me leva a escribir sobre este fenómeno que ben puidera darse todo o ano sen medo a caer no absurdo, porque, a quen non prace que alguén descoñecid@ nos mire de fronte é nos diga: felices festas? ¡Son cousas tan básicas de convivencia que custan tan pouco e fan tanto ben!
Algo máxico se libra das ataduras cotiáns nalgún máxico lugar do noso subconsciente, e por unha vez, comezamos a ver ós que pasan a carón de nos, non como competidores, senón, como persoas iguales que cargan día a día cos múltiples problemas que este mundo nos infrinxe por o feito de ter nacido, de vivir.
Xoves aprendices de actores saen as rúas de Ourense regalando apertas de irmandade a tódolos viandantes, apertas que a xente ,maior sobre todo, agradece porque lle recordan, nalgún caso, a uns fillos ou netos que noutros tempos alegraban estas festas, e que hoxe pasarán en compañía de outros maiores nunha residencia.
Comportamentos humanos que deberían ser cotiáns é que solo nestas fechas se fan realidade, ¡ten que ser algo máxico! Quizá, o espírito do Nadal que se ceiba das pexas da avaricia, da insolidariedade que rexe este mundo, e se fai dono dos agochados sentimentos que a pesares da competencia irracional que nos domina, aínda queda nalgún recóndito lugar da noso humanidade.
Oxalá que ese comportamento non se esvaeza co remate do ano, que cando vexamos a es@ persoa maior que necesita a nosa axuda, respondamos co mesmo cariño que neste días derramamos con todo o mundo, porque ademais, ese cariño que hoxe gastemos, pode que un día volva a nos cando o necesitemos. Bó Nadal a todo o mundo.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados