Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

26 Diciembre 2008

todo segue igual

 

 

Pasou o Nadal é todo volve a ser como antes, o que ten qué, come, é os demais miran comer, así foi é así será. Agora, é o momento de facer reconto do pouco que puido sobrar, é comezar a camiñar de cara a outro ano que o parecer, non vai ser mellor co pasado. Apertar os cintos é a premisa, non sei se é pa ocupar menos espazo- por mor de que somos moitos- ou pa que non nos caian os pantalóns.

¡Pero de que nos vamos a estrañar!, se dende que recordo sempre foi así. Cada ano novo aparece o meigo de turno facendo apoloxía dun desastroso futuro, votando sobre nos toda crase de posibles desastres, é sempre fomos mais ou menos saíndo adiante.

 Isto, é como as previsións labregas ó momento de recoller o froito, sexa viño, pan ou patacas, sempre será o mesmo laio: este ano non hai nada,din,  isto vai a peor: e ano tras ano seguen a se encher as bodegas que ó momento de mercar sempre escoitas o contrario: este ano si que temos bo viño: É por iso, que xa estamos acostumados os desastres  e os malos agoiros de sempre, e é por iso que seguimos ó noso aire, coma sempre, facendo cada quen segundo lle parece, pode ou llo permite o peto. Enchendo caros e baratos lugares de ocio, intentando cada quen capear o temporal segundo lle sopra  o vento. Porque isto da crise, igual co temporal, nunca nos afecta a todos por igual e seguen rexendo os ditos- o que ten padriño, bautízase, é a río revolto, ganancia de pescadores- porque nesta é noutras crises, sempre haberá quen saque tallada das miserias alleas, é quen se bautice con tódolos honores.

Despois de escoitar ó noso benquerido é apreciado rei, ós mais incrédulos, quédanos un certo sabor  amargo  pensando se tamén ós reais mandatarios lle afectará o de apremar a barriga, ou só será esta unha crise a nivel -vasalo- home de a pé ou xeral. En fin, que non penso levar traballo investigando o soldo dos nosos monarcas, mais os parentes, mais os achegados a coroa por mor de levar un desengano, é seguirei pensando que estamos todos no mesmo barco- iso si, viaxando uns, en primeira crase.     

 

 

 

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera