TODO SEGUE IGUAL
Un a un, lento, moi lento, como un día na vida dun xubilado que nada espera, así van pasando os anos. Alegría cando nacen, esperando que este sexa o noso ano, que tódolos astros se alienen na noso vida, que por unha vez, triunfemos, que se cumpran tódolos desexos. É unha vez mais imos capeando o temporal do cotián esperando, sempre esperando.
Será acaso o destino dos humanos a espera? Chegará algún día a cumprise o desexo dos pobres, ou será este o mellor momento que vivimos, o momento de esperar? Porque, sen apenas darnos conta, remata o ano que pensabamos ía ser o noso é peta na porta o seguinte ca mesma mentira.
Engano é a vida, sempre desexando o que non podemos conseguir, despois, cando remata, cando xa non ten volta atrás, é cando comprendemos o verdadeiro valor dos días, das horas que non soubemos apreciar esperando o que nunca chega é desprezando o que temos. ¡É aí está! Xa chegou o momento da despedida- triste despedida- que afogamos en cava pa esquecer que tamén este foi un mais, outro gran que axudará a encher o graneiro das desilusións.
Este é o momento do reconto, oxalá que sexa positivo pa maioría dos humanos, porque os que tiveron menos sorte, ós que lle fallou o anxo da garda, pobo elixido el por o deus que remata de nacer, están morrendo a centos nas mans dos mesmos que-noutrora- lle quitaron a vida. Serán estes mais fortes que deus porque teñen os americanos da súa parte? Será a estes a quen lle debamos pedir os desexos é esquecernos dos Magos? Ou será que por ser tan novo el, non recorde que eses son os elixidos?
FELIZ ANINOVO.

laguntsa dijo
O meu desexo de poder disfrutar de boa compaña nas festiñas cumpriuse e quedareime con esto para pensar que foi o meu ano.
Oxalá para o que ven este mundo de tolos atope un pouco de cordura.
FELIZ ANINOVO (para a boa xente)
Bikiños
31 Diciembre 2008 | 12:24 PM