Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

2 Enero 2009

ano novo, vida nova

Así soemos dicir, despois, o momento da verdade, todo segue igual. Os xudeus seguen a tirar bombas en territorio palestino, segue morrendo xente inocente a pesar de tódolos desexos de paz que botamos o ar. Segue o mundo ollando pa outro lado porque estes, os palestinos, non ten petróleo nin contas de diñeiro nos Estados Unidos. Seguen os rusos abusando do poder do gas. Seguen os mandatarios cubanos afirmándose na súa trasnoitada revolución. Os talibans afganos impoñendo o terror, ETA pretendendo copialos. Seguen os presos de Guantánamo esperando que se cumpra a resolución de Xenebra. É tantos outros presos por pensar diferente.

Ata eu sigo aquí, non sei se denunciando as inxustizas deste mundo, ou reafirmándome na miña, tamén, trasnoitada idea de ver o negativo, de falar das cousas que non me gustan sen facer nada por cambialas. Todos temos que facer algo pa que se cumpra o dito. Ano novo, vida nova.

Como estamos en tempo de bos desexos, de cambios a mellor, é sendo este, ano de eleccións o parlamento do noso país, desexo que tódolos bos galegos, os que din loitar por o noso benestar, teñan a valentía de falarnos como o fan en familia, dicíndonos a verdade do que pensan como bos galegos que estou seguro son. Que non nos queiran contar o mal que o fan os outros, senón, o ben que pensan facer eles. É que por unha vez, traballen en prol dunha Galicia mellor pra todos. Será moito pedir? Deste xeito, quizá poderiamos facer vida nova.

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera