¡Quen no lo diría! Que unha relación que  comezara en simple amizade, duraría- trinta é seis anos- desexando que se multipliquen  se é posible. E o mais importante de todo é, que seguimos mantendo viva a ilusión do comezo. Cambiou a vida, é certo, pero a pesar de que os cambios na sociedade son positivos, a tódolos amigos que mais quero, deséxolles tantos anos coma nos, xuntos, gozando da compañía dese amigo/a que todos desexamos atopar.

Hoxe, e o noso día, é  quero felicitarme   por todo o vivido, o aprendido e esquecido o longo dos anos. Por tantas historias fermosas que os fillos nos deixaron, por tódolos que queremos e nos queren, é especialmente, por eses trinta é seis anos en compañía dunha amiga especial.

Sei, porque me coñezo, que a miña tendencia natural ó pesimismo, me leva a escribir sobre as inxustizas no mundo, os días escuros que todos temos, e os problemas que a todos nos preocupan. Pero desta é por unha vez, aproveitarei a sorte que teño pa ver un día fermoso a pesar de que o frío nos teña clausurados a carón do fogo.