Así comeza o ano novo, igual co que rematou, o que ten o mando segue ca man no peto,os outros, os currantes seguen cargando co peso da economía, da leña que nos quentará, porque o paro segue aumentando, o gasóleo tamén aumenta o prezo, o inverno parece ser duro. Menos mal que comezaron as rebaixas. Rebaixas que sempre me fan deter facéndome a mesma pregunta ¿se vendendo a roupa á metade de prezo gañamos tanto diñeiro, porque non vendemos todo o ano a metade de prezo? Nunca fun un bo economista e hai cousas que se me escapan.
Van oito días é de momento nada cambiou, séguense bautizando os que ten padriño, seguen mandando os de sempre, seguen traballando os mesmos. Esperemos que só sexa no momento da transición, que a medida que vaiamos entrando no novo ano, entremos de cheo na tan esperada vida nova. Que os <Idus >de xaneiro nos collan confesados.

Como cada ano todos pedimoslle cousas novas e o final e tanto do mesmo.