sen humanos
Non recordo quen dixo que o peor da humanidade son os homes é as mulleres. Estou un pouco de acordo no pensamento. Cando escoito a xudeus defendendo a matanza que están facendo con xente indefensa, culpándoos a todos de terroristas por o feito de haber nacido no lugar equivocado, penso, que a humanidade sería mellor é mais fermosa, se non foran os humanos.
Porque humanidade, significa poñerse no lugar do outro intentando comprender as súas razóns, razóns que todos temos se nos dan a oportunidade de expresalas. É digo comprendelas, non compartilas, porque sería demasiado pedir sabendo ata onde chega o noso grao de insolidariedade cando de intereses se trata.
Canto facemos, sempre é pensando en nos. Fixemos a ONU pensando en que se fósemos atacados por outro país tivéramos onde acudir presentando as nosas coitas, non pa facer un mundo mais xusto,nin pa defender dereitos alleos. Creamos a carta dos dereitos humanos pensando nos nosos dereitos, saltándonos os dos demais cando rozan cos nosos.
Defendemos o dereito a vida, propia, saltándonos os da vida allea, o dereito da infancia, da muller, das crases menos favorecidas cando deixamos de sacar beneficio propio.
Isto estamos a ver en Rusia con Chechenia, en China co Tíbet, en oriente próximo é en calquera outro lugar onde os intereses se contrapoñan. É que dicir de Cuba, de México ou de tantos países africanos onde a vida ten tan pouco valor.
Táchenme de pesimista, realista ou de calquera outra cousa, que ó aceptarei de bo grao, pero estou seguro que nalgún momento das súas vidas, estarán de acordo comigo en que é fermosa a humanidade cando existe humanidade, pero que moitas veces sería mais fermosa sen humanos.

...son eu... dijo
pois sí que empezamos ben o ano!!!!!!!!!!!!
As cousas sempre foron así, desde o principio dos tempos.
A barbarie tamen forma parte da humanidade.
11 Enero 2009 | 11:56 PM