Non son só as guerras as  culpables de que morran inocentes sen saber por qué, nin o sufrimento de miles de feridos, de mutilados física  ou psicoloxicamente, nin a destrución que leva á miseria dun pobo, non, as guerras non son as culpables. A verdadeira culpable de tanto sangue vertido <todo é inocente> é a intransixencia, a ansia de poder, o lado mais miserable da condición humana que antepón o diñeiro a calquera outra consideración, porque, sabémolo todos, que a guerra sempre é a consecuencia dunha mala diplomacia, da falta de dialogo ou dunha mala política pasada, dun mal reparto da riqueza ou da terra propiciado por os que ó momento de repartir escollen a mellor tallada.

As guerras solo son a consecuencia, o dano estámolo facendo cando predicamos a paz é ofertamos armas que matan, cando utilizamos as palabras politicamente correctas pensando o contrario, cando propiciamos unha unidade de nacións ca forza suficiente pa impoñer o dialogo, ó momento que estamos invertendo en armamento no país que mellor defenda os nosos intereses.

 Deplorables, pero que confirman esta idea, me pareceron as declaracións que fixo o presidente de Israel, Ehud Olmert, que con solo unha chamada telefónica o señor George W.Bush,dixo: conseguin que a súa secretaria de estado, Condoleezza Rice,  se abstivera nunha votación ante a ONU pedindo un alto o fogo que ela mesma propiciara.

Esta falta de sinceridade cando se predica a paz é se propicia a guerra, é a que fai que en Palestina, en Ruanda ou en Mozambique, en Iraq ou Afganistán  impere a morte, a destrución, o sufrimento humano. Non é falta de razón a que leva a que a xente mais pobre se mate, senón a falta  de diñeiro que merque as conciencias.