Agora que xa a maquinaria política está en marcha nesta comunidade, é vendo o traballo que os nosos políticos están a facer por ó noso ben- segundo eles- cousa que non dubido, e un que viviu é sabe de ambicións humanas, non podo senón admirar a boa fe que impera entre as distintas formacións políticas. Amantes todos da terra que os viu nacer é que consagran vida é facenda na mais altruísta das ideas- buscar a calquera prezo ó noso benestar social- a nosa dignidade como galegos sen importar o poder nin os intereses partidistas.
Non buscan o voto cando se achegan as nosas vilas é cidades, senón, a aproximación o cidadán pa ofrecer os seus servizos como representantes do poder popular, ese poder que nos lles demos co noso voto é unha vez no seu poder, utilizan sempre en noso beneficio. O mellor indicador de que isto e así, manifestase no parlamento en tempos de crise ou de problemas que nos afectan, vendo como unen forzas cando de atopar solucións se trata, como impera entre eles un clima de amizade, sabendo que todos traballan por un mesmo fin aínda que dende diferentes puntos de vista. Sempre é mais forte a idea de Galiza ca idea persoal, e isto sabémolo valorar os cidadáns acudindo as furnas en masa. ¿que menos se pode facer por os que dan canto teñen por nos?
É tal a sinceridade que impera entre os nosos políticos, que sei dun alcalde que levaba dezaseis anos no posto gobernando en total liberdade, sen oposición, que dunha vez que os cidadáns puxeron un concelleiro de outro partido, derramaron bagoas de ledicia, do orgullo de vivir nunha democracia onde nos, os cidadáns, temos o poder de escoller entre ós mellores pa que nos gobernen. É unha vez que libremente escollemos ós mellores, tamén se agradece ese respeto por a nosa elección ó respetar é facer seu, ó presidente que nos eliximos.
É ledicia por miña parte, escoitando esta mañá o anterior presidente da xunta de Galicia con renovada enerxía, gritando en favor dunha España unida é contra as ideas nacionalistas. A el que tanto fixo por esta súa terra, desexarlle o mesmo que el nos desexa os nacionalistas.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados