soño americano

 

 

Todo pasa é todo chega, é chegou o día. Estamos no comezo dunha nova etapa, cun novo presidente ó que o mundo lle concede tanto poder de cambio, que moito terá que traballar pa estar a altura do que se espera. Todos lle desexamos sorte na súa andaina porque esperamos un milagre neste mundo revolto, cheo de problemas é dificultades tanto na casa como fora. Agora, por moito que este presidente faga de bo, sabendo o que se espera del, parecerá do mais normaliño.

¡Non che arrendo as ganancias nin quixera estar na túa pel presidente! Tacharante de -blandengue- as dereitas españolas se pretendes acadar unha paz entre palestinos é israelitas, se deixas de mandar tropas a Iraq, se te achegas ás ideas do noso presidente ou cerras Guantánamo. Acadaras as criticas das esquerdas se non o fas. Levantarase o pobo americano se pretendes reducir as emisións de fumes contaminantes en tempos de crise, aporrearante os ecoloxista se non o fas. Pau se remas é pau se non remas che espera de calquera maneira, difícil encomenda despois de tanta loita.

Quero supoñer que todo se fai cunha total altitude de miras, sen esperar ningunha recompensa, sabes que podes arranxar o mundo é bótaste enriba todo o seu peso sen esperar nada, sabedor de que perderás liberdade, tempo familiar, enfrontaraste ás criticas de tódolos lados, é todo por salvar un mundo, incluída a humanidade, que sabes, porque o coñeces, que non quere ser salvado.