O ceo permanece escuro, cuberto de basta néboa que mainamente se vai convertendo en fina branca neve. Aumenta é aumentan os centímetros cubrindo cada recuncho de terra, tellados é árbores, estradas é automóbiles, deixando sensación de impotencia nos sufridos montañeses aldeáns.
As chamadas telefónicas ó- restaurante- fonda- encadéanse solicitando praza é xantar escoitando a repetida canción do dono- síntoo xa está completo. En Vigo cidade, Ourense centro é arrabales coruñeses, bule a inquedanza. Saen dos faiados os esmorecidos aparellos deslizantes tomando asento no lustroso automóbil, que pouco a pouco, sae da ruidosa cidade cara as serras de Manzaneda.
Xa chegamos a montaña, xa se respira liberdade ollando a inmensa extensión que abranguen os nosos ollos, de repente, vaise estreitando a estrada ata converterse nun carroucho dunha soia vía, mentres as curvas aumentan ó mesmo tempo ca pendente. O medo apodérase das almas, séntese a estraña sensación da impotencia cando na curva mais cerrada se presenta unha reata de vacún solto que enche estrada é beirarrúas. Triscan as vacas as solitarias herbas mentres fan soar as chocas é as mais intrépidas se aproximan a nos, creo, en son de paz.
Moreas de xentes vindas de tódolos lugares enchen pistas de esquiar, tendas é restaurante mentres a fame comeza a facerse sentir. Xantamos no menos tempo posible pero cando chegamos xa non hai sitio pra nos, xa a néboa invade a montaña acercando mais a noite. Cansos é moídos da viaxe é unha que outra caída na neve, emprendemos novamente camiño a cidade que a pesar de ser noite pecha nos acolle chiscándonos os ollos as coñecidas luces de Neon. ¡que fermosas son as viaxes cando de novo chegas á casa! É tal o pracer de chegar, que calquera atranco acaecido na viaxe perde todo protagonismo.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados