Tantas filosofías como cabezas, tantas ideas como persoas é tantas razóns como habitantes. Somos variopintos é diversos, diferentes é   heteroxéneos, discordes é variados, únicos é diversos, somos humanos. Un mundo cada quen. Pero todos somos necesarios pra contrastar ideas, pa sentir que temos a nosa razón porque houbo alguén que opinaba diferente.

Xente que fai do traballo o centro da súa vida, que necesita facer algo pa sentirse vivo, pa non pensar, soñando un futuro construído ca suor, co esforzo, deixando o lecer pa cando non poidan traballar. A  estes non os enganou a vida, deixáronse enganar a sabendas de que ese día de lecer non chegará. A este xénero pertencen os labregos,   autónomos é traballadores incansables que fan, porque necesitan  facer.

Filósofos. Pensadores que aborrecen calquera cousa que conleve un esforzo, buscando vivir á conta dos traballadores irredentos, desbotando das súas vidas toda crase de acción ou iniciativa que conleve responsabilidade, esforzo ou carga. Son os inventores, os innovadores que cando pasan deixan mais problemas dos que atoparon ó chegar. Escritores é blogueiros tamén  forman parte desta especie.

Aproveitados. Calculadores intelixentes que coñecen a debilidade humana, é aproveitan cada posibilidade que ofrece a sociedade pa atopar o mellor posto. Destes saen os mellores políticos, os que axudan a fundar ONGs que mercan poder é gloria a conta dos primeiros da lista.

Temos tamén ós ,pringados,  estes coñézoos ben porque formo parte da familia, xente que quixera cambiar o mundo pero non ten nin idea de por onde se empeza, que cando comezan a albiscar ó lonxe certa posibilidade de éxito, están tan queimados, que o único que  fan é escribir incitando ós demais a que sigan o seu camiño. Non coñezo o seu remate porque aínda non cheguei tan lonxe, cando o saiba, contareino.

Así somos é así se vai sostendo o mundo, uns que fan é outros que animan a que se faga, pero todos, todos somos necesarios, porque algúns, non poderíamos existir sen os demais.