non temos remedio
Cando chega unha crise, sexa económica ou de outro sino, preguntámonos algúns se non sería necesario, correcto é de xustiza, que todo español ben avisado, sabedor de solucións que arranxen ou encamiñen os problemas de cara á total solución, non debería esquecer ideoloxías é conceptos diferenciais, é ofrecer o seu esforzo en prol da comunidade.
Minte o goberno cando, intentando manter unidos ós seus, xura é perxura que se manterán tódalas axudas sociais ós traballadores que perdan o posto de traballo porque, terán axuda os que teñan dereito a cobrala mentres dure, os outros quedarán como estaban. Cando di que aumentará as pensións a pesar da crise, aumentan ó que é de lei.
Esganifase a oposición pedindo un cambio de rumbo sen ofrecer nada que sexa medianamente aproveitable, cun só propósito, a famosa idea de cambiar de muiñeiro, que só traerá mais gastos é menos confianza. Aprovéitanse os banqueiros dos cartos públicos pa aumentar o de por si, grande patrimonio, sen ofrecer nada que facilite a vida a ninguén.
Aproveitan o río revolto os sindicatos anunciando folgas se continuamos a perder posto de traballo, sen ofrecer esa axuda mediadora pa, mellorando a produción, unir esforzos en espera de tempos mellores. É despiden xente os empresarios aproveitando a coiuntura pa reformar plantillas é mellorar o rendemento sen gastar nada.
Nos, que somos os que émos de cargar ca responsabilidade de arranxar os excesos que non cometemos, que somos o motor que dará a enerxía pra que, políticos, economistas é sindicalista, presidentes é concelleiros teñan unha vida cómoda pagada ca nosa suor, creo que teríamos dereito cando corren malos tempos, a que axudaran á perda remando no mesmo sentido, deixando aparcadas as diferenzas, porque esta sería a maneira de xerar esa confianza que todos predican, é cada quen intenta aproveitar no seu beneficio.
