Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

27 Enero 2009

¡hai nais!

 

 

 

 

 

Din que vai frío nos montes galegos, din que fai vento na veira do mar. Din que morreu a esperanza do pobo, din que esta neve nos vai afogar.

Empezando estou a crer que estéamos as beiras da hecatombe mundial, do fin dos tempos que algunha escisión relixiosa leva predicado nos derradeiros tempos.

Terra galega que miras ós mares do norte aproveitando cantas borrascas é vendavais nacen nas frías augas. Que camiñaches sempre na cola do país que chegou a desprezarte. Que fuches é segues sendo a mais rica en pobres, a mais importante en fillos alén dos mares. Que tódolos teus mandatarios tiveron sempre a cabeza en Madrid, os estómagos en Galicia é os votos na Arxentina. Terra de labregos nobres, din os que te senten no seu corazón, os que ven nos teus portos é praias, montes é chairas á nai que desexaron é que nunca tiveron.

¡A nai por os fillos xeme! Diría a nosa poeta Rosalía. Ti Galicia que pariches fillos humildes, capaces de aturar as baixezas mais desdeñables, os traballos que os demais desbotaron, sen piar. Por qué, castigas cos ventos mais fortes ós teus mariñeiros, cas interminables neves ós teus labregos é gandeiros, porqué longas secas é choivas sen tino? É porqué o humilde galego segue erre que erre desexando morrer nos teus lares, sabendo que algo de madrasta tes. Dura de corazón cos teus poetas é galeguistas, escritores é pensadores que mais cantaron as túas fermosuras, porqué nos tratas deste xeito? 

servido por queixa 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

laguntsa

laguntsa dijo

Ánimo amigo!! Que xa sabes o do refraneiro pupular: "año de nieves año de bienes" así que vaite preparando para a gran bonanza que se achega.
Bicos

27 Enero 2009 | 08:52 PM

queixa

queixa dijo

Eso espero, porque de non ser así tamén manda carallo cas neves, case era mellor non ter tantos bens é mais sol.
Bicos nevados dende Queixa.

27 Enero 2009 | 09:07 PM

a nena

a nena dijo

Que chulooooo!!!!

Non o creredes, pero acábame de entrar unha morriña morriñenta...
Neve fóra, cheminea dentro, un libro no sofá, un gato no colo, non ter que ir a ningún sitio... ou non poder ir! :) EU QUERO, EU QUERO, EU QUERO!!

Muá, muá, mmmmmmuá!!

28 Enero 2009 | 09:24 AM

queixa

queixa dijo

Todo pasa é todo chega..nena.. días virán que votes en falta o que agora tes, que coma min digas ou penses, xa está ben..Bicos moitos..

28 Enero 2009 | 11:11 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera