morreu ou non naceu,¡ quen sabe!
Deus morreu din algúns, sen pensar que tal vez nunca existiu, que somos fillos da casualidade. Pódese pensar é sentir de diferentes maneiras. Pódese ter a necesidade de crer nun deus ou na predestinación. Pero o que si é certo, e que ninguén viu a ese deus que todos quixeramos ver, e todo o que non se ve nin se toca, pertence o mundo das ideas, non as ciencias, é por o tanto, e razoable discutilo é mesmo dubidalo.
Altéranse os crentes cando os agnósticos ou ateos se afirman na idea da non existencia de deus, cando predican a súa forma de ver o mundo é din libremente: deus non existe:
Durante moitos anos a igrexa católica impuxo a súa idea, á forza as veces, de que solo había unha verdade, a súa. Solo cando as crenzas non se sostiñan ían facendo cambios e adaptándose os tempos, cambios que votaban por terra as bases mesmas dunha trasnoitada relixión .
Cambiaron a idea dun cosmos que xiraba derredor deles, ata aceptar que somos fillos do caos universal, de ter moreas de ceos ata aceptar a probabilidade de que non exista como tal, de que pode haber outros mundos parecidos o noso.
Pregúntome se igual que se trabucaron ó pensar que solo había este planeta feito por o seu deus pa gloria é louvanza propia, que todo xiraba a redor del, se non poderían ter tamén a humildade de pensar que se todos somos fillos do mesmo deus, sexa cal sexa, libres e iguales, temos o mesmo dereito a pensar o contrario do que eles pensan é dereito a trabucarnos da mesma maneira.
Unha cousa deberíamos de cre todos, nos dereitos universais de tódolos humanos, é no respecto mutuo. Hoxe, unha parte importante das xentes que habitamos a terra, dubídamos seriamente dunha creación feita por alguén que nos abandonou á xustiza do mais forte, do mellor armado, é non do que mais rezaba ou seguía as ensinanzas divinas. De pouco serve alzar pregarias os ceos cando as bombas nos caen enriba.
Empecemos por crer nas vontades dos demais compañeiros de viaxe, antes de asegurar que somos fillos de deuses, feitos a súa semellanza. Axudemos os que temos cerca é nos necesitan, antes de buscar un lugar nun (mais alá) que de habelo, tempo teremos de o coñecer.


Egidia dijo
Que entrada mas apunto... Ahora que estamos en todos lados con el tema Darwin...
Personalmente no creo en Dios. Respeto a quienes creen. Supongo que algo así nos puede ser de gran ayuda para superar perdidas, para no sentirnos tan solos... Pero hoy por hoy no se quizás es que no he estado nunca del todo sola, o no he perdido nadie realmente querido. De todos modos nunca diré nunca, pues no se sabe que podrá pasar...
Eso sí, (Dios no lo quiera “jaja”) Si me muero te enviare unas señales, sabrás que soy yo, seguro mucha gente no se llama Egidia
29 Enero 2009 | 09:30 PM