a esperanza
Cando nada queda, cando todo o querido nos abandona e a soidade se apodera dos rescaldos dunha vida, só a esperanza mantén ese remol que nos axuda a desexar un novo día. É a esperanza o bálsamo que alonga a vida de tantas persoas pas que mañá, é o futuro.
É a desesperanza, a que nos empurra a rematar ca vida cando é chegado o límite, esa liña que separa o vivir do estar vivo, do sobrevivir nas infrahumanas condición as que nos pode levar a miseria, a mala sorte ou a historia que as veces nos controla.
Escoitei un día unha testemuña que explicaba moi ben o que quero dicir. Era en Alemaña, nun dos campos chamados da morte, onde este home que falaba, xunto con moitos mais, purgaba o pecado de haber nacido xudeu: traballabamos- dicía: tódalas horas de luz facendo buracos é volvéndoos a tapar, e só tiñamos unha comida diaria composta dunha sopa onde case todo era auga, morrían cada día compañeiros por falta de alimento. O único que tiñamos pa agarrarnos á vida, era a esperanza de ver amañecer, cada día era un logro ó que nos agarrábamos esperando contar un mais.
Duro relato o seu, pero cheo de realidade. Dí o refraneiro que, mentres hai vida hai esperanza, eu enténdoo o revés, mentres hai esperanza hai vida. Só cando se vai a esperanza remata o que chamamos vida.
Que nunca nos abandone a esperanza é o meu desexo a tanto conxénere que perde o seu traballo nestes días, que sente a pesada desilusión que tamén coñezo. Hoxe escoitei unha de tantas historias que nos fan pensar é nos encollen o espírito. Unha familia de cinco membros que non vendo saída pa pagar a hipoteca despois de quedar sen traballo,decidiron quitarse a vida . Esta é a outra cara da moeda, mentres que un mantivo a esperanza en condicións límite é cumpriu os oitenta anos, outros con menos problema pa vivir, deciden rachar o fío porque a esperanza os abandonou.
Fagamos noso o proverbio que sempre llo apoñemos a Cunfurcio- eu fágoo- e que di: se o problema ten solución, non é problema, sen non a ten, pa que preocuparse..


Egidia dijo
Buf... La historia que cuentas de quienes trabajaban de sol a sol sin comer a penas nada... Pues es dura, pero Sobrevivió, nosotros estamos demasiado aseñorados, y supongo que la crisis nos irá ahogando poco a poco, eso si, yo de camarero no quiero trabajar, y yo limpiando portales tampoco, nada mira mejor me suicido porque no aguanto mas... Vengaaaaaa, si tenemos ganas de vivir, ahora intentemos SOBREVIVIR, que ya vendrán tiempo mejores, ¿no crees?.
Millones de personas intentan sobrevivir en esta jungla que es el mundo, y nosotros ante el mas mínimo escalón, ¡huimos!, cuan cobardes podemos llegar a ser...
Hala ya me he desahogado.
saludoS
30 Enero 2009 | 01:26 PM