Comprensión: nesta palabra tan simple encérranse gran parte dos problemas da humanidade. Comprender ós demais  analizando as cousas dende o punto de vista do outro. Estou seguro que con só a vontade de comprensión é un pequeno esforzo, se poderían arranxar os problemas entre palestinos é israelitas,  mandados é mandatarios, vítimas é verdugos, lobos é ovellas, homes é mulleres.

Non é nova a solución, xa os escribáns do antigo testamento o pensaron cando escribiron: o que non queiras pra ti, non llo desexes os outros: con só aplicar este mandato, a humanidade sería o que ten que ser, o lugar de todos, o que desexamos é non facemos nada por conseguir cando de comprender os demais se trata, se o lexislador ou o xuíz fixeran ou aplicaran as leis pensando nos seus fillos, amigos ou irmáns, sería mais xusta. Se os mestres fixeran cos alumnos ó seu cargo o que pedirían pa os seus fillos, sería a educación perfecta, a que tiña que ser, se os médicos viran en nos a un humano igual ó seu pai, seguro que sería a sanidade o lugar onde se repuña a saúde.  

Predicamos o  que debería ser é facemos o que mellor nos vai a nos, dicimos moitas veces- é comprensible- pero o que estamos pensando é que nos parece comprensible que nos comprendan. Se somos nos ou os nosos amigos os que cobramos, sempre nos parece pouco, ou en todo caso xusto, se nos cobran a nos o mesmo que cobramos por o mesmo traballo, pareceranos excesivo ou inxusto.

Vótase en falta ese lugar onde din que está a virtude- o centro- ese medio de comprensión que imparta a xustiza dependendo do delito, é non da posición que ocupe ou no grao de amizade. Vótase en falta esa universalidade que predicamos cando collemos de axudante ó fillo do veciño é non o tratamos como nos gustaría que trataran o noso.

Sei que me tacharán de pesado os que me escoiten ou teñan a paciencia de ler canto escribo, son pesado, pero se queremos deixar ese grao de area en favor dun mundo mais xusto, temos que denunciar unha é outra vez esas inxustizas que sofren os nosos amigos, é seguir dicíndoo cando estes amigos se converten en xefes é seguen facendo igual ou peor do que un día lles fixeron. Axudemos tamén  á comprensión denunciándoo cando son  os nosos os intransixentes.