Dende o século pasado, cando na nosa Galiza ó oitenta por cen da xente vivía do campo, xa se falaba do asoballamentos que a xustiza facía ca xente menos afortunada. Cantigas populares que denunciaban diferenzas no trato cando a bolsa dunha parte pesaba mais ca outra. Ata o refraneiro popular galego se fai eco de tales prácticas. ¡Parece que nos custa cambiar! Que a evolución camiña lenta.
Os que seguimos as noticias da actualidade, non podemos senón sorprendernos do que está acontecendo dende fai uns anos no mundo da xustiza, e chegar ata o abraio escoitando a palabra- folga de xuíces. Esas -señorías- que teñen por cometido na sociedade impartir xustiza, que a sociedade recompensa con soldos mais ca dignos é unha posición social de privilexio, que o goberno recibe escoita é ofrece modernizar, deciden en asemblea plenaria utilizar o privilexio obreiro é facer folga.
Espero que por o menos acepten perder o soldo neses días que non traballan, porque sendo eles os donos da xustiza, capaces serán de aceptar a trámite un recurso conta á lei de folga é fallar segundo os seus intereses pa cobrar dobre en días de folga xudicial.
As veces, algunha veces, sentimos unha desilusión o comprobar cuan difícil é o entendemento entre persoas, é cantas diferenzas facemos entre nos sendo todos ¿iguales?

Escribe un artículo por el maltrato que sufrimos los pacientes del Sergas.
Vale, lo haré, aunque es tan extenso que no se si me llegará el blog.
saludos.