Cando os ventos da vida zoan contrarios o noso camiñar. Cando comezan a pesar as costas arriba. Cando a escuridade supera a luz é non se presenta fácil a saída do túnel, é o momento de facer un sereno balance en retrospectiva, de pasar no maxín a película dos días vividos, de sopesar na balanza da sorte se mereceu a pena o esforzo de chegar ata aquí.

Moreas de imaxes que se atropelan intentando  gañar a partida, ata que ó fin, é a calma a que traendo a serenidade que da o vivido, nos arroupa co sorriso doutros tempos ¡ Mellores! Non o sei, ¡diferentes! Si, cargados ca morriña do que xa non ten volta atrás.

 Son tantas  as cousas que pasan nese anaco de tempo chamado- vida- que é difícil sopesar as contras e os pros. Cando  parece que a balanza se inclina cara a desilusión, aparece o sorriso dun neno, os primeiros amoríos, os agochados segredos   daquel momento inesquecible que só por el houbera merecido a pena vivir.

Sempre merece a pena coñecer en primeira persoa o segredo da natureza mellor gardado- a vida- ese estado onde se encerra todo un universo, onde cada día é diferente é cada momento único. Non é a cuestión se mereceu a pena haber nacido, a resposta sempre é  si. A verdadeira cuestión é se soubemos vivir, se aproveitamos os anacos de felicidade que á forza pasaron diante de nos.  Se fomos conscientes da súa importancia e se gardamos algo deses momentos. De ser así, cando parece que o mundo perdeu o interese por ti, ou ti por o mundo, aí están eses recordos gardados que nos axudan a dar un paso mais cara un novo día.