Mans que tremeron un día

Co agarimo doutras mans

Mans que pasados os anos

Deixaron de acariñar,

Mans que traballan na terra

Que teñen vida nas mans,

Mans que arrepían o corpo

Cando a gaita fan soar

Cando lle dan vida a un lenzo,

Cando moldean no barro

Que dan calor amorosas.

Mans que pregan

Mans que esganan,

Que premen  arma asasina

As mans dos mal tratadores,

Mans que feren

Mans que matan

¿son estas as mesmas mans?

A man que leva a amizade

Que apreme cariñosa

¿Como pode ca xenreira

Quitar a vida a unha rosa?

               Mans