O INFINITO

 

O mar,  elemento grandioso e libre que parece moverse sen ataduras de ninguén, que vai e ven ó seu libre albedrío, impasible ante as coitas dos febles humanos.

 Tamén el atopa obstáculos, pequenos inconvenientes que o fan deter é xirar. Brúa de xenreira ante o impedimento dos pequenos cantís manifestando así a súa contrariedade.

 ¡Quen non quixera ser mar e gozar da liberdade sen límites¡ perdernos no horizonte dos sonos irrealizables. Pero, ata o poderoso mar está suxeito ás forzas externas que o manexan, que delimitan a súa liberdade.

¡Quen non topará no camiño ese cantil que nos impida realizar os nosos sonos! ¡quen non perderá moito a cambio de algo! 

  Camiño nos meus sonos sen ataduras  sobre as augas calmas do mar, percorro a inmensidade do océano cun só pensamento, atopar o camiño dos plácidos sonos   e gozar  da infinita calma.