Impasible sigue "a gran obra de Chandrexa" esperando -segundo o alcalde- á maioría na Xunta prá rematar. Agora temos esa maioría, ¿será certo que se rematará  algún día?  

¿de onde virá esa semellanza de ideas entre persoas tan distanciadas no tempo? ¿será o feito de ser galegos? ¿de ser da dereita quizá?  Escrito está na biblia: por as súas obras os recoñeceredes: e así é, o noso paisano Caudillo co Val dos Caídos, o noso paisano Fraga ca   cidade da cultura, e o noso alcalde que non tiña porqué ser menos, conseguiu implantar no cumio deste pequeno lugar, a tamén, ¡gran obra da súa vida!

Só unha cousa separa ós dous últimos do primeiro, nos tempos de Franco, podíase utilizar ós inimigos como man de obra barata e rematar os traballos.¡magoa de tempos! 

O certo é que ámbolos tres conseguirán pasar á posteridade po-las súas obras, e po-lo tempo de permanencia no poder. PD. a foto non é de hoxe, pero o mamotreto segue igual.