soñei unha vez un mundo suxeito na man dun deus onde todo era perfecto. Onde as choivas saían das nubes lentamente e mollaban os campos sedentos, onde a primavera era eterna. Soles xiraban o seu redor alumeando ós pacíficos habitantes que camiñan sen presa porque saben, que un poderoso e indulxente deus vixía ás súas criaturas.
Espertei co bruar do vento e o bater da choiva na fiestra, lóstregos alumeaban o meu dormitorio e pensei, ¡que feble é a humanidade ante as forzas da natureza, que solos e desprotexidos estamos! ¡canto necesitamos un deus!
Temperaturas altas que provocan enormes incendios mentres na outra cara do noso mundo se afogan persoas, xentes que naceron nun país onde a relixión é sagrada, onde ninguén se atreve a levantar a cara o ceo por medo de ver a deus ,que de existir, tenos abandoados. Pequeno mundo o noso cheo de desigualdades.
Ricos que mangonean a miles de semellantes, poderosos que posúen mais riquezas ca pobos enteiros, pobres con nada que levar a boca esperando o milagre doutro mundo, dor e alegría, nenos que esperan medrar, vellos que esperan á morte.
¿ será isto a obra dun deus? De ser así, seguro, trabucouse.

El primer parrafo de tu relato es el cielo, para los que tenemos Fé, yo respeto tu agnosticismo.
La segunda parte es la vida del ser humano que somos imperfectos Dios nos ha dado los recursos y la libertad para usarlos, y la verdad que mal lo hacemos cuanta injusticia, y sobre todo que poca solidaridad, yo en esta época de crisis me he propuesto ser solidaria, esto es para los que tenemos fé yo la tengo.
Tú eres agnostico, te respeto. Un beso.
Y paz.
fixate que a min a primeira parte do escrito recordame un poster publicitario do psoe nas eleccións do 77, o paraiso pos parias da terra e tamen unha utopia.
A natureza non e perfecta, a humanidade forma parte de iste todo que o mundo no que vivimos, nos atacamos a terra e a terra defendese con todo o seu furor, somos depredadores, o mais terrible e que tamen atacamos os da nosa propia especie e quizais con mais saña que a outros.
Tantas ideas diferentes como humanos, ¡como non vai haber guerras!dicía un amigo meu, se na miña casa somos tres e tomamos tres crases de leite. ¡Canta razón tiña o meu amigo! e canto necesitamos un deus, ¡Mágoa que non exista!
Despois da nosa guerra civíl, habia moitas mulleres nas cárceres que as señoras mais podentes visitaban esperando levalas ó bo camiño, e o mesmo tempo gañar algunha indulgéncia. Contaba unha destas presas,que despois de soltarlles o discurso sobre moral, sentábanse a merendar mentres elas esperaban poder comer as cáscaras das laranxas. Estas tamen se pensaban solidarias. Espero que a tua solidaridade,MARÍA, nada teña que ver con esa.
Un abrazo.
Fai pouco lin nun libro que si o mundo nos necesita esquezamos a deus e vaiamos na súa axuda... Sintámonos ben cos nosos feitos que conseguilo xa é bastante recompensa, si a nosa solidaridade é a cambio dun sitio no paraíso todo se converte en egoismo.
Un bico
Tamen o creo LAGUNTSA, pero ¡que ben nos viña un deus! bueno, o mellor aínda pelexabamos por conseguir os seus fabores antes co veciño,quen sabe. estará ben así.
Bicos,