cousas de vellos
Decíamos antes, que non era a codicia a que nos empurraba a escribir, senón, o recordo dun pasado- unha sombra. Pero, se toda acción leva implícita unha reacción, ¿cal é a reacción que esperamos? No meu caso -que é o que mais coñezo- quizá, a mirada dos demais camiñantes- non o recoñecemento- senón, a mirada que me faga sentir un mais dos que camiñan. Quizá, o medo a ser esquecido despois da batalla.
Non necesito que me recorden, senón, que non me esquezan. Este pode ser o meu Talón de Aquiles- creo- é por iso que escribo, porque necesito saber que hai alguén aí, e que me mira.
Igual que o neno que chora pra chamar a atención da nai é sentir a forte man que o acariña, así nos sentimos os que despois dunha vida dedicada a traballar, de ser case imprescindibles, a pasar a ese segundo plano onde o baleiro predomina.
Agora que comezo a mostrarme espido diante de bos, mais me afirmo na crenza de esa necesidade de chamar a atención, porque moitos se ispen ca soa idea de chamar a atención. Nada, Cousas de vellos.


maria dijo
Tu nunca seras viejo, me horroriza esa palabra, sólo quiero que sepas que yo y Anxa Y nuits y olivié,y Crace te leemos, aunque a veces discrepemos. Un bico
13 Marzo 2009 | 11:15 AM