Todos estamos de acordo -creo- en que o tempo que transcorre entre a vida e a morte, é curto. Que en chegando cerca do final,  nos parece que alguén nos enganou, ou non nos dixo toda a verdade. Sen embargo temos algunha contradición en todo isto, por un lado, a información ou coñecemento de esta realidade, e por outro, a cantidade de trabas e restricións que poñemos no camiño -curto de por si- á liberdade dos individuos pra consumir ese escaso tempo da maneira que mais se aproxime o que cada quen considera a mellor maneira de gastalo.

Dende o mesmo comezo da nosa andaina do que chamamos vida, comezan as restricións a todo canto nos faría felices, e así, ata o derradeiro día en que nos quitarán de fumar ou tomar ese viño que nos  gusta.

As chamadas boas normas - que non son mais ca costumes- prohíbennos comer o que mais nos gusta porque engorda é está mal visto, andar espidos nas rúas aínda ca calor sexa extrema, limparnos os mocos  co dorso da man sendo o mais natural, tratar de ti os semellantes, dar esmola os necesitados,falar con descoñecidos,rascarse cando nos pica,  ou sorber a sopa a sabendas que a todos nos gusta o dobre.

Acaso ¿non sería mais lóxico- sabendo que todo é efémero, que nada dura o que esperamos, deixar que cada quen aproveitase ese tempo da maneira que mellor vaia ca súa forma de ver o mundo? De prohibir algo, eu prohibiría falar dos demais vistan o que vistan é tomen a sopa como queiran, sempre que non salpiquen, claro.

Restricións de velocidade, de aparcar diante a nosa casa, de pasar un semáforo en roxo aínda que estéamos sóos, de fumar ou tirar peidos nos espazos publicos e tantos outros que restrinxen a nosa liberdade sabendo que non teremos outra oportunidade, non é a mellor maneira de facilitarnos a existencia.

 É que dicir da moda feminina que impide camiñar ou mover a cabeza pra manter unha estética ficticia, unha estética que mais ben parece robótica ca humana, que incita á humana imaxinación a pensar en habitantes de outra galaxia que non ten necesidades corporais,ou que mexan colonia.