e non pasa nada
Cantas barbaridades e cantas marabillas podemos facer- pensaba eu- escoitando a noticia dun neno curado cas células dun irmán.
Gastamos moreas de enerxía e cartos en salvar a vida dun neno que nace cun síndrome raro, e deixamos morrer de fame a miles de nenos que poderían ser salvados ca metade desta enerxía. E sentímonos ben.
Facemos a gran declaración do dereito dos nenos, e disparamos un tanque contra unha escola. E non pasa nada.
Defendemos o dereito a vivenda, o traballo, a vida, e fabricamos armas capaces de levar sufrimento, destrución e morte. E tan tranquilos.
Por rescatar a un soldado prisioneiro en mans dos palestinos, mataron tres mil persoas sen conseguilo. E non pasa nada.
¿Tivemos realmente algunha vez a idea decidida de rematar cas inxustizas neste mundo? Penso que non, porque contra do que nos ensinan e creamos, seguimos arrastrando a idea de <salvemos ós nosos>É pidamos pra todos esperando que alguén o faga.


Anxa dijo
Me has quitado las pálabras de la mente.
Estoy totalmente dacordo contigo, ¡ maldita demagogia !; nos va engullir.
16 Marzo 2009 | 11:14 AM