paseando na historia

 por os camiños de Galicia

 Pradoalbar, fermoso pobo de montaña asentado na cara leste da serra de Queixa- macizo central ourensá.  

Saíndo do pobo de cara o oeste, atopamos un camiño  paralelo a un regato de augas frías  e transparentes. Camiño - calzada romana- que no seu día foi unión entre un asentamento militar e a Vía Augusta. É unha ledicia percorrer este camiño cargado de historia, sentindo o rumor da auga e ese silencio que embarga a inmensa serra.

A cinco quilómetros da saída, torce o regato cara a esquerda cruzándose co camiño. É alí onde atopamos este arco feito da mesma pedra arrincada do camiño. Un sinxelo pero forte arco asentado na rocha natural. Un de tantos lugares da nasa xeografía que merece a pena coñecer.