Camiñamos sen rumbo seguindo un camiño marcado que albiscamos sexa o mellor, non temos brúxula que nos marque a dirección, pero seguimos nas vellas costumes seguros de estar na verdade absoluta, esa verdade, que ás veces nos ofrecen esperando sacar algo a cambio da nosa ¿voa fe? falta de capacidade pra analizar, ou simplemente, deixadez, esa comodidade que nos fai pouco críticos con esa <ovella de todos, que sempre remata coméndoa o lobo.>
Cada mércores, a oposición ten a posibilidade de facer dúas preguntas ó goberno, esta vez, unha dirixida ó presidente e outra a vicepresidenta. Preguntou o deputado do BNG por cuestións prácticas, o deputado de Esquerra republicana de Cataluña, tamén, chegando o turno do PP e turno pra Mariano Rajoy- nada que preguntar- como se todo estivese arranxado neste país, a cambio, soltou unha arenga a cerca dos postos de traballo que se destrúen cada día sen deixar ningunha proposta o respecto. Despois, foi a Soraya a que colleu o turno pra criticar como fala a vicepresidenta en privado cos seus colaboradores, conseguindo os mellores aplausos da cámara- que nos representan, din.
¡Isto non é serio! Penso eu, estamos pagando co noso esforzo a unha morea de xente esperando que fagan algo pa que este pais funcione, mentres eles se dedican a xogar ás criticas persoais. Entendo que busquen o seu beneficio e esperen conseguir o goberno que é onde hai mais que repartir, pero non entendo a nosa comodidade. Parece que unha vez que votamos é damos a nosa confianza a uns, rematou a nosa responsabilidade ata que novamente nos pidan o voto, e volta a comezar.
¿Onde quedou o espírito crítico e combativo que noutrora distinguiu á crase traballadora? Parece que o fin gañaron os poderosos, os que saben aproveitar a nosa ¿deixadez? Pra facérense co poder. Estamos perdendo o dereito a queixarnos cando esperamos conseguir peixes sen mollar o cu.

No puedo seguir leyendo tus post, me deprimen, eres muy negativo, te recomiendo que oigas viva la vida de Cold play . Hasta siempre, que tengas suert. Un bico
Soamente fai falla que volvas a ler o que escribiche para ver dónde está o espíritu crítico... o dereito o patalexo e algo tan intrínsico q nos axuda a soportar a esta pandilla de impresentables que din que nos representan cando por encima de todo está o "partido" e o poder.
Bicos
LAGUNTSA. Non entendo o de volver a Ler....Pero estou dacordo ca segunda parte onde chamas impresentables ós que din-representan a todos- é lastimoso ver como o que menos importa somos nos.
Bicos
MARÍA.Se de verdade te deprime o meu pensamento, estou dacordo en que non deves leélo- O primeiro é a saúde. Tamén che desexo toda a sorte do mundo no que poidas ler de aquí en adiante. Pode que o evanxelio de San Lucas teña mais que ver ca túa personalidade.
Un abrazo mui forte é toda a sorte do mundo.
aaaaaaaadeus adeus aaaaaatama-ñá...dur-mirbenbenbenbimbambúm...prooooóme-tovos..queheide-voltar.......cooooooooooodoutor es-lump!!! XD
Gracias ARALE, o pasasr dille a es-lump que che mire esa cabeciña, porfa, porque se se atalla ó mal de principio, é mais facil.
¡Que se lle vai facer! a vida é dura.