POR OS CAMIÑOS DE QUEIXA
As veces, camiñamos na nosa procura sen atopar o lugar que nos corresponde, ese recuncho que nos incita a reflexionar, que nos fai sentir parte da natureza.
As veces, buscamos a aventura en lonxanos países esperando atopar o lugar, o mesmo, que dende sempre nos agarda a un tiro de pedra, que espera por nos. Ese lugar, pode ser este lugar.
No mesmo corazón do río Navéa, enormes granitos foron esculpidos durante milleiros de anos por a forza das augas, deixando figuras que parecen sacadas da imaxinación dun deus.
Estas figuras, esta paz que envolve canto os ollos alcanzan, esperan dende sempre a túa visita.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados