Nada e gratis neste mundo, ata o sentimento rei, o que rexe o mellor do ser humano- o amor- ten un prezo, ¡o prezo da liberdade! Nada e gratis, de canto esperamos recibir dos demais, habemos deixar proporcionalmente se queremos que a balanza da convivencia funcione, sen renxer en demasía.
Somos, a dicir dos que saben, seres imperfectos. Cando dous elementos imperfectos se xuntan, a imperfección multiplica por dous, ou o que é o mesmo- imperfección o cadrado.
No caso que nos ocupa, e pensando, ou desexando, que esa relación dure, só cabe unha solución, neste caso salomónica, que sería a dada por un veciño meu-que en paz descanse- que cando lle pedías un favor, estendía a man aberta é dicía- unha cousa quere ver outra- ou sexa, que se queremos que nos aprecien, que nos queiran e nos mimen, só hai unha maneira de conseguilo, apreciando, querendo e mimando antes.
Certo é, que o que dá consellos, non da cartos. Pero como dicía a miña aboa, ¡ que non e o caso!- dun burro tamén se aprende. Conclusión, que é mais fácil atrapar moscas con mel, que con vinagre. E desta vez, dío un que ten experiencia, ¡ que tamén é o que ten! E a experiencia sempre foi un grado.

no te pillo,
amar no es dar sin pedir nada a cambio?
Amiga SARAH, perdóame o que bou dicir. Ese amor platónico de dar todo sen esperar nada, non é deste século. Amar a alguén que ama o outra persoa- por exemplo- non é amor, é tontería.
Alguen dixo, que o amor é como as plantas, que se non se regan cada día, morrerán. Eso o menos creo eu.
Un bico é gracias por ese comentário.
O AMOR si que estás romántico, vexamos por partes, estou de acordo que cando se xuntan dúas persoas pérdese unha parte importante de nós, a liberdade, certísimo pero o mellor melloramos noutras cousas pois nos pode facer ver partes de nós que non sabiamos que tiñamos, por que como non tiñamos con que discutir, ou xogar ese partido de tenis, non sabiamos onde flaqueabamos, polo tanto o mellor... o xuntarse dous seres imperfectos quizais non sexan imperfectos nas mesmas cousas,je je, porque o da media laranxa non sei se sería demasiado rosa.
A decisión salomónica claro que pode ser certa, se non sabes respetar, querer non podes dar e o respeto é fundamental!
No dos burros perdinme un pouco... o burro é o rapaz/rapaza boa etc, etc, e o de atrapar moscas con mel é o rapaz/rapaza con cartos, guap@, ja ja!
Este mundo sempre foi complicado e moito mais cando un bo viño se volve vinagre cos anos, así mais valera telo na vitrina e non presumir tanto del igual.
Biquiños
MARIA RODRÍGUEZ, eu tamen che son complicado¡ quen non! o que da consellos son eu, e por o tanto, só hai un burro, eu.
gracias por todo ese comentario co que estou plenamente de acordo: que cada quen faga o mellor que sepa e que teña sorte é o meu desexo:
Bicos