Onte, en televisión española, vimos ós máximos actores da economía deste país marchando por libres, por camiños diferentes é defendendo cada quen o pequeno recuncho que mais lle interesa. Pa patronal, a solución parécelle que debe ser á conta dos obreiros, eliminando calquera traba que se opoña ó libre despido, conxelando os salarios, é recibindo axudas estatais. Os sindicatos pretenden, non só, non perder dereitos laborais, senón, é a ser posible, mellorar os que teñen. O goberno, busca o consenso entre todos pra evitar críticas molestas. A oposición só busca o derribo do goberno a calquera prezo, e entre todos deixan ós verdadeiros protagonistas da creación de emprego, que son os pequenos empresarios,desamparados.
Destes quero falar por ser ós que mais coñezo. Da perda da metade do emprego que estamos a sufrir, son responsables estes pequenos emprendedores ós que ninguén toma en consideración. Ós sindicatos que traballan a nivel de estado, estes pequenos empresarios non lle son interesantes pos seus intereses, á patronal tampouco por ser a competencia encuberta, á oposición interésalle mais poñelos en contra do goberno que os intereses reais deste colectivo ó que consideran de esquerdas. É queda o goberno, a este interésanlle só como posibles votantes é ofrécelles toda a axuda cando saen ós medios de comunicación, pero nada mais, porque é tan grande a contradición entre as palabras é os feitos, que verte sangue.
Estes pequenos empresarios ós que todos piden pra eles mais diñeiro da banca, cando contratan calquera obra ou traballo con calquera crase de goberno, nacional, autonómico ou local, ademais de deixar un porcentaxe como aval, que teñen que poñer ó momento da licitación, teñen que facer o traballo cos seus medios, pagar un I.V.A. do dezaseis por cen a facenda pública, e na maioría dos casos, esperar dezaoito meses pa cobrar. Fácil é entender, que se houbese interese real de axudar, fácil sería en momentos de crise cambiar as normas de contratación sen necesidade de axudas que o final teñen que pagar, pero así están as cousas, e uns por os outros, a casa sen barrer.

Que razón tes queixa, pero o certo é que o peixe grande sempre se comeu ó pequeno, e en cuestión de axudas non están moi favorecidos e senón que llo digan ós empresarios que non recibiron nada destas "trampas" que de seguro os grandes empresarios fixeron coas cachadas ERE, o caso é que aguantar sempre foi duro e mais cando non tes salvavidas.
BIQUIÑOS
GRACIAS,SONYBRUXA, POR ENTE CONMENTARIO, ESTOU SEGURO QUE TAMÉN COÑECES ESTE TEMA.
BICOS.