Publicidad:
La Coctelera

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

EN CADA NOITE DE TORMENTA LATE UN FERMOSO AMENCER

31 Marzo 2009

todos a rúa

 

A idea de utilizar a rúa pra desafogar as nosas miserias non e nova, de todos modos, sempre foi a dereita mais rancia deste país a que mais leva saído a protestar. Recordo ter lido sobre a famosa parada fascista do dezaoito de abril de mil novecentos trinta e catro,onde Gil Robles que buscaba a confianza das forzas mais reaccionarias, igrexa, exercito e caciques, conseguiu reunir dez mil xoves uniformados, -que brazo en alto- xuraron obediencia o xefe. Mais tarde sería o noso paisano -Fraga - o que reclamaría pra si a propiedade das rúas. E nos derradeiros cinco anos, é o Partido Popular xunto cos de sempre- igrexa mais caciques- os protagonistas de cantas manifestacións se levan a cabo neste país.

A primeira, buscaba o mesmo resultado ca de Gil Robles- enfrontar o país ante unha demanda na que todos estábamos de acordo é ninguén pretendía poñer en dúbida- pra facer ver os seus quen era o xefe. Despois hóuboas de tódalas cores, pero sempre levando a bandeira en alto, como se os que non pensamos igual non fósemos tan españois- igual ca no trinta e catro.

Esta última, é a que mais da que pensar. Vinte anos leva a devandita lei sobre o aborto en vigor, xa pasaron gobernos das dereitas por a Monclóa sen que ninguén saíse a pasear as bandeiras, agora que o que  pretende o goberno e adaptala a unha nova situación -que eles mesmos crearon, cas famosas denuncias da asociación -manos blancas- poñendo en risco de quedar fora da lei ás mulleres que decidían abortar, e incluso ás clínicas e doutores que practicaban o aborto, saen as rúas en defensa din- da vida- cargados de fotos onde se mestura fetos e presidente do goberno como o Herodes moderno, e sempre, acompañados dos mesmos caciques, da mesma Conferencia Episcopal, e dos mesmos aspirantes con diferentes siglas.      

servido por queixa sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de queixa

ALGUNHAS COUSAS MIÑAS

ver perfil »
contacto »

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera