setenta anos despois
Nun día como hoxe de fai setenta anos, o xeneral Franco a través das ondas de radio, emitía o famoso comunicado : En el día de hoy, el ejercito enemigo, rendido y derrotado .. .La guerra á terminado: Comezaba así a longa noite de pedra pra unha parte da poboación que soñara ca liberdade sen fin. Remataba calquera crase de idea ou pensamento contrario o réxime militar, e comezaba unha represión de odio e morte que duraría corenta anos.
Foi alá por o ano de mil novecentos cincuenta e cinco cando eu - con dez anos- comecei a sentir as tremendas desigualdades que aquela sociedade permitía e propiciaba. Así, mentres a garda civil, os curas e tódolos seus achegados gozaban duns privilexios sen limite, os obreiros eran marxinados e vistos como -chusma- por seren os defensores da república á que consideraban contraria ás leis divinas, unhas leis feitas á medida pra agochar calquera crase de abuso que a igrexa acolleu cas mans abertas.
Hoxe, despois de haber vivido aquela etapa que eu considero- unha traxedia- non podo por menos de sentir orgullo do conseguido.
Esta democracia que vivimos, con tódolos problemas que son inevitables cando de humanos se trata, é, o feliz espertar do mais tremendo pesadelo que se pode imaxinar. Oxalá que ese -nunca mais- sexa o lema dun - non retorno a un mundo que nunca debeu de existir, e saibamos aproveitar as tremendas ensinanzas do pasado pra facer un mundo que sexa de todos, pra defender os dereitos dos que pensan diferente, aínda que non os compartamos.
