Un ano mais, volvemos a rememorar os españois uns feitos que a algúns nos parecen trasnoitados, folclóricos ós que ven de fora,  e dos mellores momentos das súas vidas ós que - a pesar de tódolos sacrificios que supón- saen as rúas descalzos, portando estandartes pra recordar uns feitos de dudoso rigor histórico.

Cada quen, ve ás imaxes de xeito tan diferente,  que ben puideramos pensar que non somos da mesma especie. Así, mentres que uns ven unha nai que sofre ,non só por o fillo morto, senón tamén por unha humanidade que se afastou de deus por o pecado de haber nacido,   ós que admiran o arte dunha tala na madeira case perfecta, ata os que só conseguimos ver unha  necesidade humana de derrotar á morte, a herdanza dun medo ancestral a un mais alá descoñecido que pretendemos conxurar con cánticos, pregarias ou lamentos.

¡Onde estará a verdade! Se preguntaba Pilatos segundo a tradición. Ós que nos din -materialistas- sentímonos perdidos nun mundo absurdo onde é mais importante a tradición, o folclore, que as necesidades humanas de primeiro orden. Mentres se forman cofradías que recadan o diñeiro dunha crase pobre, á que non lle deron a escoller, pra mercar as mais caras ofrendas a unha representación,  hai necesidades na casa de moitos veciños que loitan por sobrevivir sen achar remedio.

¡canto nos falta! Penso eu, pra acadar a plenitude como xénero humano, ¡é que pouco axuda a airexa católica ! que antepón as  tradicións seculares de dudosa existencia, ás necesidades dos semellantes que se palpan,